Blogia
FP VERÍN MANTEMENTO INDUSTRIAL

PERFIL PROFESIONAL

CAPACIDADES TÉCNICAS DO PROFESIONAL DE MANTEMENTO


  • Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos en que está involucrado; comprende-la función dos diversos equipos e máquinas e mantelos cos niveis de fiabilidade e dispoñibilidade establecidos, co obxecto de alcanza-los obxectivos da producción.
  • Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación e outras informacións asociadas ós equipos e á producción que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
  • Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.

LEER MÁIS...

COMPETENCIAS XERAIS DO TÉCNICO DE MANTEMENTO.


Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico de Instalación e mantemento, son:
  • Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
  • Obte-la producción en liñas automatizadas coa calidade, coa cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
  • Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos..