Blogia

FP VERÍN MANTEMENTO INDUSTRIAL

NOVIDADES IMPORTANTES NA MATRÍCULA 2008/2009 PARA O ALUMNADO DE CICLOS

MATRÍCULA CURSO 2008-ciclos - Upload a Document to Scribd
Read this document on Scribd: MATRÍCULA CURSO 2008-ciclos

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

A FORMACIÓN PROFESIONAL PREPÁRATE PARA ATOPAR TRABALLO

FPEMPREGO - Upload a doc
Read this doc on Scribd: FPEMPREGO

VISITA Ó TALLER DE MECANIZADO

Visita ó Taller de Mecanizado do Ciclo de Automoción

 

 

Este lunes tivemos a visita ó Taller de Mecanizado dos alumnos de Ciclo de Automoción.

Os alumnos de Mantemento Industrial mostráronlles os seus coñecementos de mecanizado. Dando as indicacións oportunas en cada momento, mecanizaron en torno unha peza de certa complexidade.

Mostraron todos eles unha excelente convivencia e cooperación.

OFERTA FORMATIVA EN VERIN

PANTALLA COMPLETA

Read this doc on Scribd: Mantemento Industrial Verin

OS NOVOS TÍTULOS DA FORMACION PROFESIONAL -- PROXECTO FP PLUS


Datas: 8 ao 13 Abril en  IFEVI (Vigo)

horario: 10:00h-20:00h,

de martes a domingo  

 

No transcurso do Forum darase a coñecer as principais novidades das ensinanzas da FP, ao tempo que dará visibilidade á oferta formativa da Comunidade galega en canto a ciclos de grao superior de Formación Profesional, ciclos de grao superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño e estudos superiores de deseño.

O Forum Orienta 2008, con acceso libre e gratuíto, celebrarase desde o próximo martes, 8 de abril, ata o domingo, 13 de abril, no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI), co obxectivo de achegar e difundir a oferta de ensino superior en Galicia ao alumnado de bacharelato e de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia. Ao mesmo tempo, este evento está dirixido ao profesorado, orientadores/as, pais e nais e a comunidade educativa galega en xeral. Un total de 136 centros educativos están inscritos para percorrer o Forum, que espera recibir máis de 15.000 visitantes.

Así, no espazo dedicado ás ensinanzas de Formación Profesional estarán representadas as 22 familias profesionais, cada unha co seu posto correspondente, contando cada un deles coa colaboración dun ou máis centros educativos de xeito que estarán ao fronte dos mesmos alumnado e profesorado deses centros.

http://www.forumorienta.es/

SEGURIDADE LABORAL

 
 
 Preme sobre a imaxe para velas todas
 

TRABALLO COLABORATIVO CON GOOGLE DOCs

TORNOS AS-312

CAPACIDADES TÉCNICAS DO PROFESIONAL DE MANTEMENTO


  • Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos en que está involucrado; comprende-la función dos diversos equipos e máquinas e mantelos cos niveis de fiabilidade e dispoñibilidade establecidos, co obxecto de alcanza-los obxectivos da producción.
  • Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación e outras informacións asociadas ós equipos e á producción que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
  • Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.

LEER MÁIS...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

COMPETENCIAS XERAIS DO TÉCNICO DE MANTEMENTO.


Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico de Instalación e mantemento, son:

  • Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
  • Obte-la producción en liñas automatizadas coa calidade, coa cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
  • Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos..

MÓDULOS DO CICLO DE MANTEMENTO INDUSTRIAL

MÓDULOS

horas

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

80

Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos

215

Calidade na montaxe e proceso

55

Conducción e mantemento de liñas automatizadas

145

Electrotecnia

185

Formación e orientación laboral

55

Formación en centros de traballo

380

Montaxe e mantemento eléctrico

185

Montaxe e mantemento mecánico

220

Relacións no equipo de traballo

55

Seguridade na montaxe e no mantemento de equipos e instalacións

55

Técnicas de mecanizado para o mantemento e a montaxe

290

TORNOS AS-312: CARACTERÍSTICAS

TORNOS AS-312: LUBRICACION E PREPARACION DA TALADRINA

TORNOS AS-312: Mantemento, Desmontaxe e Montaxe

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

TORNOS AS-312: CADRO ELECTRICO

TORNOS AS-312: DESCRIPCION E MANEXO XERAL

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres