Blogia
FP VERÍN MANTEMENTO INDUSTRIAL

OS NOVOS TÍTULOS DA FORMACION PROFESIONAL -- PROXECTO FP PLUS


Datas: 8 ao 13 Abril en  IFEVI (Vigo)

horario: 10:00h-20:00h,

de martes a domingo  

 

No transcurso do Forum darase a coñecer as principais novidades das ensinanzas da FP, ao tempo que dará visibilidade á oferta formativa da Comunidade galega en canto a ciclos de grao superior de Formación Profesional, ciclos de grao superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño e estudos superiores de deseño.

O Forum Orienta 2008, con acceso libre e gratuíto, celebrarase desde o próximo martes, 8 de abril, ata o domingo, 13 de abril, no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI), co obxectivo de achegar e difundir a oferta de ensino superior en Galicia ao alumnado de bacharelato e de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia. Ao mesmo tempo, este evento está dirixido ao profesorado, orientadores/as, pais e nais e a comunidade educativa galega en xeral. Un total de 136 centros educativos están inscritos para percorrer o Forum, que espera recibir máis de 15.000 visitantes.

Así, no espazo dedicado ás ensinanzas de Formación Profesional estarán representadas as 22 familias profesionais, cada unha co seu posto correspondente, contando cada un deles coa colaboración dun ou máis centros educativos de xeito que estarán ao fronte dos mesmos alumnado e profesorado deses centros.

http://www.forumorienta.es/

0 comentarios