Se muestran los artículos pertenecientes al tema PERFIL PROFESIONAL.
21/03/2008
CAPACIDADES TÉCNICAS DO PROFESIONAL DE MANTEMENTO
- Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos en que está involucrado; comprende-la función dos diversos equipos e máquinas e mantelos cos niveis de fiabilidade e dispoñibilidade establecidos, co obxecto de alcanza-los obxectivos da producción.
- Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación e outras informacións asociadas ós equipos e á producción que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
- Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.
21/03/2008 14:06 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: PERFIL PROFESIONAL No hay comentarios. Comentar.
COMPETENCIAS XERAIS DO TÉCNICO DE MANTEMENTO.
Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico de Instalación e mantemento, son:
- Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
- Obte-la producción en liñas automatizadas coa calidade, coa cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
- Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos..
21/03/2008 14:06 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: PERFIL PROFESIONAL No hay comentarios. Comentar.




