13/06/2008

03/06/2008

06/05/2008

VISITA Ó TALLER DE MECANIZADO

Visita ó Taller de Mecanizado do Ciclo de Automoción

 

 

Este lunes tivemos a visita ó Taller de Mecanizado dos alumnos de Ciclo de Automoción.

Os alumnos de Mantemento Industrial mostráronlles os seus coñecementos de mecanizado. Dando as indicacións oportunas en cada momento, mecanizaron en torno unha peza de certa complexidade.

Mostraron todos eles unha excelente convivencia e cooperación.

06/05/2008 10:34 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: MANTEMENTO INDUSTRIAL. No hay comentarios. Comentar.

17/04/2008

05/04/2008

OS NOVOS TÍTULOS DA FORMACION PROFESIONAL -- PROXECTO FP PLUS


Datas: 8 ao 13 Abril en  IFEVI (Vigo)

horario: 10:00h-20:00h,

de martes a domingo  

 

No transcurso do Forum darase a coñecer as principais novidades das ensinanzas da FP, ao tempo que dará visibilidade á oferta formativa da Comunidade galega en canto a ciclos de grao superior de Formación Profesional, ciclos de grao superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño e estudos superiores de deseño.

O Forum Orienta 2008, con acceso libre e gratuíto, celebrarase desde o próximo martes, 8 de abril, ata o domingo, 13 de abril, no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI), co obxectivo de achegar e difundir a oferta de ensino superior en Galicia ao alumnado de bacharelato e de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia. Ao mesmo tempo, este evento está dirixido ao profesorado, orientadores/as, pais e nais e a comunidade educativa galega en xeral. Un total de 136 centros educativos están inscritos para percorrer o Forum, que espera recibir máis de 15.000 visitantes.

Así, no espazo dedicado ás ensinanzas de Formación Profesional estarán representadas as 22 familias profesionais, cada unha co seu posto correspondente, contando cada un deles coa colaboración dun ou máis centros educativos de xeito que estarán ao fronte dos mesmos alumnado e profesorado deses centros.


05/04/2008 16:42 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: NOVAS - FORMACION EN CENTROS DE TRABALLO. No hay comentarios. Comentar.

27/03/2008

TORNOS AS-312

27/03/2008 18:35 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: MAQUINAS. No hay comentarios. Comentar.

21/03/2008

CAPACIDADES TÉCNICAS DO PROFESIONAL DE MANTEMENTO


  • Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos en que está involucrado; comprende-la función dos diversos equipos e máquinas e mantelos cos niveis de fiabilidade e dispoñibilidade establecidos, co obxecto de alcanza-los obxectivos da producción.
  • Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación e outras informacións asociadas ós equipos e á producción que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
  • Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.

21/03/2008 14:06 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: PERFIL PROFESIONAL. No hay comentarios. Comentar.

COMPETENCIAS XERAIS DO TÉCNICO DE MANTEMENTO.


Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico de Instalación e mantemento, son:
  • Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
  • Obte-la producción en liñas automatizadas coa calidade, coa cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
  • Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos..
21/03/2008 14:06 Autor: fpverinmantemento. Enlace permanente. Tema: PERFIL PROFESIONAL. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]